30/10/08

Quen dixo medo!

Para quitar o medo non hai mellor que un pouco de humor.

Feliz Halloween/Samaín!


Este é o tio Joe, é a "sábana negra" da familia.

AI, MAMAÍÑA, QUE MEDO!!

Xa coñeces a nova sección da Biblioteca, o PUNTO DE INTERESE. O mes de novembro está dedicado ao MEDO. Ofrecemos unha escolma de materiais bibliográficos relacionados co medo, o terror, os pesadelos, os sustos, as bruxas, os trasgos, as pantasmas, os misterios, a morte, os esqueletes...
A selección de audiovisuais comprende películas de ficción como Los otros, Poltergeist, Sleepy Hollow ou Monster house.
Hai materiais para todas as idades e gustos e, por suposto, poden ser levados en préstamo.
Se es un covarde non pases pola biblioteca!!

29/10/08

"Un grito de amor desde el centro del mundo", Kyoichi Katayama

Aki e Sakutarô coñécense na escola, comparten tarefas e obrigas escolares e da amizade inicial acaba xurdindo unha intensa historia de amor. Historia que intuimos dramática polas primeiras liñas do libro:


"Aquella mañana me desperté llorando. Como siempre. Ni siquiera sabía si estaba triste."


O relato é sinxelo, podemos incluso pensar que cursi ou manido, pero resulta fermoso ler como Sakutarô nos describe cada unha desas sensacións inesquecibles: pensar no outro a cada momento, querer pasar cada instante ao seu lado, pensar que leva contigo toda a vida (con 17 aniños), que non ten sentido vivir sen Aki, que ninguén pode chegar a coñecelo coma ela.

Os lazos que semellaban firmemente unidos acaban desfacéndose por causa dunha grave enfermidade. Sakutarô queda só. Pero ao longo do relato nos leva consigo a coñecer a vida cotiá dos adolescentes xaponeses, as súas normas e costumes, as tradicións e o seu curioso modo de relacionarse coa morte cara a cara.

Tamén nos presentará ao seu avó con quen terá longas e fermosas conversas coma esta:

"En la vida, hay cosas que pueden realizarse y otras que no. Las que se materializan, las olvidamos enseguida. Sin embargo, las que no podemos realizar, las guardamos eternamente dentro de nuestro corazón como algo muy preciado. (...) Me pregunto si la belleza de la vida no residirá en nuestros sentimientos respecto a lo que no se ha cumplido. Por que lo cierto es que ya se ha materializado como belleza."

É vulgar contar a sinxela historia de amor de dous adolescentes calquera? Lede a novela, despois a acertada reseña sobre a mesma de Papel en Blanco. Logo contádeme.

Lectura moi recomendable para adolescentes e tamén para todos aos que non nos aburrirán nunca o AMOR nin a BELEZA.

27/10/08

LA CLAVE SECRETA DEL UNIVERSO

Chega á nosa biblioteca La clave secreta del universo, o terceiro libro da xornalista Lucy Hawking, o primeiro que escribe a medias co seu pai, o prestixioso científico Stephen Hawking.

Conta a historia dun neno, George, que vive en Cambridge cos seus pais, uns ecoloxistas bastante radicais que rexeitan as novas tecnoloxías, non lle deixan ter ordenador e obrígano a comer só alimentos "naturais".

Un día coñece a Annie, que vive na casa veciña; é filla dun científico que conta cun prodixioso ordenador. Os nenos comezarán a vivir unha serie de aventuras onde se mesturan os acontecementos da vida cotiá coa ciencia, pois ao mesmo tempo, é un espléndido libro con explicacións moi sinxelas sobre o
Big Bang, sobre os buratos negros, sobre o universo, as partículas, os planetas, as estrelas

Un libro apaixoante que combina ficción e coñecemento científico, e que nos envía unha mensaxe final: científicos e ecoloxistas teñen que traballar xuntos para salvar o planeta.

26/10/08

COLLEITA DE LIBROEIROS

Chegan á biblioteca as aventuras de O pequeno señor Paul (Xerais) con texto de Martin Baltscheit e as delicadas ilustracións de Ulf K. Esta edición reúne os dous libros que o autor escribiu sobre este personaxe, que adora os libros e le todos os días.

O libro presenta breves relatos moi orixinais e sorprendentes, que amosan unha mirada inxenua sobre a realidade, con moitas referencias á lectura e á imaxinación. Así, coñecemos a existencia de libros que teñen un final diferente para cada lector, a posibilidade de cambiar todo o que non nos gusta de nós mesmos ou de atopar a risa perdida...

O pequeno señor Paul creceu entre libroeiros: árbores cargadas de libros (mesmo coleccións completas, se a colleita é boa) ou follas soltas que aparecen escritas a medida que van madurando e que hai que ordenar para poder ler.

Neste universo tan especial do pequeno señor Paul todo é posible porque son moitos os mundos que collen entre as tapas dun libro.




23/10/08

SOIDADES, Neus Moscada e Chiara Fatti

“Hai momentos en que me gusta estar soa…

… porque só estando soa

noto o sol de agosto

pintando pencas na miña pel.

libros_1402

… porque só estando soa

leo as letras bailando

en palabras que podo tocar.

infantil_17

..porque só estando soa

elixo un soño para cada noite:

hoxe quéroo con sabor a mel.


E logo, cando estou con alguén,

podo compartir o que sentía ...

cando estaba soa."


Deliciosa lectura para todos os que saboreamos eses valiosísimos momentos de soidade (tan difíciles de acadar ás veces) para logo compartilos na compaña de aqueles a quen máis queremos.

De novo a editorial OQO fascina a grandes e pequenos cos seus coidados álbumes, con textos e ilustracións delicados e fermosos por igual.

NORABOA, AGUSTÍN!

Agustín Fernández Paz foi galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra O único que queda é o amor (Xerais).
Xa no mes de febreiro fixemos un comentario sobre esta marabillosa obra, que é un puro deleite para o lector e unha fonte de recursos para docentes e bibliotecarios.
Non engadimos nada novo se dicimos que Fernández Paz é un dos máis premiados representantes da nosa literatura infantil e xuvenil,. Pero si debemos salientar que ese recoñecemento tamén llo conceden os alumnos, pois é un dos autores máis solicitados na biblioteca. Lembramos títulos como Cartas de inverno, Corredores de sombra, Contos por palabras, Trece anos de Branca e tantos outros.
Noraboa, Agustín! Grazas por deixarnos entrar no teu mundo creador.

22/10/08

UN ANO EN-REDADOS

366 días e semella que foi onte cando comezamos a nosa singladura polas incertas augas destes mares da web, cunha máxica mestura de ilusión, respecto e tolemia!
Ao principio as manobras eran difíciles, pero o perigo de zozobrar ou afundir no intento nunca nos impediu manter firme o noso rumbo.
Así, as primeiras travesías leváronnos a illas marabillosas habitadas por tribus que estaban afectadas pola mesma patoloxía que nós: unhas gañas inmensas de explorar novos mundos e ningún medo ao espazo novo que estabamos a construir xuntos.
Este blog foi dende entón o noso caderno de bitácora no que os membros da tripulación recollemos con minucioso coidado todas as incidencias da singladura: os ventos (non sempre favorables), os rumbos (non sempre coñecidos) e os aparellos (manexados ás veces por pura intuición).
Nunca nos sentimos sós nesta viaxe. Sabemos que, en caso de naufraxio, moitas embarcacións virían ao noso rescate.
Celebramos este primeiro aniversario con moita ledicia e boa compaña.
Estades todos convidados a un grolo de ron, ron, ron...

20/10/08

O HOME E O MAR (Charles Baudelaire)

Desde este recuncho unha modesta homaxe aos homes e mulleres do mar, que de sempre viviron ao seu carón e mesmo se mergullaron nel á busca da súa imaxe, á busca do seu espíritu libre, indomable e saíron á superficie cun atisbo na mirada dos abismos intuídos e a fortaleza de quen se encara a eles día a día.


Home libre, ti sempre preferirás a mar!
É o teu espello o mar; e contemplas a túa alma
No vaivén sen fin da súa superficie inmensa,

E o teu espírito non é menos amargo abismo.

E gozas mergullándote ao fondo da túa imaxe;

Os teus membros acaríñana e ata o teu corazón
Esquécese por momentos do seu propio rumor
Ante o fondo quejido indomable e salvaxe.

Ambos sodes tenebrosos á vez que discretos:
Home, ninguén explorou os teus abisales fondos,
Oh mar, ninguén coñece as túas íntimas riquezas,
Tanto gardades, celosos, os vosos propios segredos!

E namentres pasaron innumerables séculos
Desde que vos combatedes sen tregua nin piedade,
Ata tal punto amades a morte e a matanza
Oh eternos gladiadores, oh implacables irmáns!


Aquí está a versión orixinal para quen poida disfrutar das palabras e sons elexidos por Baudelaire:
L'Homme et la mer

Homme libre, toujours tu chériras la mer!
La mer est ton miroir; tu contemples ton âme
Dans le déroulement infini de sa lame,
Et ton esprit n'est pas un gouffre moins amer.

Tu te plais à plonger au sein de ton image;
Tu l'embrasses des yeux et des bras,
et ton coeurSe distrait quelquefois de sa propre rumeur
Au bruit de cette plainte indomptable et sauvage.

Vous êtes tous les deux ténébreux et discrets:
Homme, nul n'a sondé le fond de tes abîmes;
Ô mer, nul ne connaît tes richesses intimes,
Tant vous êtes jaloux de garder vos secrets!

Et cependant voilà des siècles innombrables
Que vous vous combattez sans pitié ni remords,
Tellement vous aimez le carnage et la mort,
Ô lutteurs éternels, ô frères implacables!

ÚNICO E EXCEPCIONAL MILLÁS

O escritor valenciano Juan José Millás resultou gañador do Premio Nacional de Narrativa 2008 pola súa novela El mundo (que tamén obtivo o Premio Planeta 2007).
Millás é autor de tantas e tan marabillosas obras que resulta imposible recomendar unha soa: El desorden de tu nombre, La soledad era esto, Laura y Julio, Cuentos de adúlteros desorientados, Articuentos, El orden alfabético, El jardín vacío, No mires debajo de la cama, Dos mujeres en Praga, Tonto, muerto, bastardo e invisible... e por suposto El mundo. Nesta novela o autor conta unha historia que ten como escenario unha rúa de Madrid, que el considera "una metáfora del mundo" e como protagonista a memoria, os recordos da nenez especialmente. Millás afirma que se sinte atraído pola infancia porque "a los niños no les da vergüenza mostrar su extrañeza".

Efectivamente o mundo das obras de Millás é estraño, único, excepcional, difícil para algúns lectores, e sempre orixinal e moi persoal. Nas súas propias palabras: “Me interesan mucho las situaciones que se dan en la vida cotidiana; trabajo sobre cosas que, en apariencia, parecen las más triviales, pero que con otra mirada adquieren mucho relieve”.
En decembro do ano 2000 recibiu o galardón da primeira edición do Premio Periodístico sobre Lectura, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez por un artigo titulado LEER. Non me resisto a reproducir un fragmento que demostra esa visión particular que Millás ten da lectura: "Estoy leyendo un libro mal encuadernado en el que las últimas palabras de cada línea se pierden en las profundidades del lomo, de manera que para acceder a ellas hay que desviscerar el volumen. Al principio, pensé en devolverlo, pero me he aficionado a hurgar en él como en las interioridades de un centollo. Las palabras rescatadas a los entresijos saben mejor que las que están a simple vista. Parece mentira que hayan inventado un libro electrónico, que por lo visto imita la textura del papel, y no hayan descubierto un libro que se pueda chupar, como la cabeza de una gamba, para extraerle la masa encefálica. De momento, si encuentra usted un volumen mal encuadernado, lléveselo a casa, arránquele los sesos sin escrúpulos y no dude en metérselos en la boca." Artigo publicado en El País o 15 de decembro de 2000 ©El País.
En LEER II afirma:
"No se escribe para ser escritor, ni se lee para ser lector. Se escribe y se lee para comprender el mundo. Nadie, pues, debería salir a la vida sin haber adquirido estas habilidades básicas. De otro modo se dependerá de quien las posea del mismo modo que aquél que no sabe hacer una tortilla depende de quien se la hace."

Imprescindible Millás. Busca as súas obras na biblioteca do cole.

13/10/08

RAMIRO FONTE NA NOSA MEMORIA

Os poetas non morren, quedan as súas palabras, os seus pensamentos, a súa sensibilidade, a súa creación...


Anxo novo
Necesitamos un anxo novo
que non queime os seus soños
contra o vento da luz,
que non arda nas tebras do pasado dos homes.
No voso peito tedes as futuras mensaxes,
abertos os camiños se o queredes.

11/10/08

ALFONSINA Y EL MAR

Alfonsina y el mar é unha canción composta por Ariel Ramírez e Félix Luna, en homenaxe á poetisa arxentina Alfonsina Storni, que se suicidou en 1938 internándose no mar, na praia La Perla de Mar del Plata. Son moitas as versións que se fixeron deste tema. Ao lado dereito desta entrada podes acceder á persoal interpretación que fixo a cantante portuguesa Cristina Branco.
E se a queres acompañar, velaí a letra:

ALFONSINA Y EL MAR
Autores: A. Ramírez y F. Luna

Por la blanda arena que lame el mar,
su pequeña huella no vuelve más.
Un sendero sólo de pena y silencio llegó
hasta el agua profunda.
Un sendero sólo de penas mudas llegó
hasta la espuma.

Sabe Dios qué angustia te acompañó,
qué dolores viejos calló tu voz.
Para recostarte arrullada
en el canto de las caracolas marinas.
La canción que canta en el fondo
oscuro del mar la caracola.

Te vas Alfonsina con tu soledad
¿qué poemas nuevos fuiste a buscar?
Una voz antigua de viento y de sal
te requiebra el alma y la está llevando.
Y te vas hacia allá como en sueños
dormida, Alfonsina, vestida de mar.

Cinco sirenitas te llevarán
por caminos de algas y de coral.
Y fosforescentes caballos marinos
harán una ronda a tu lado.
Y los habitantes del agua van a jugar
pronto a tu lado.

Bájame la lámpara un poco más
déjame que duerma, nodriza, en paz
Y si llama él, no le digas que estoy,
dile que Alfonsina no vuelve.
Y si llama él, no le digas nunca que estoy.
Di que me he ido.

Te vas Alfonsina con tu soledad
¿qué poemas nuevos fuiste a buscar?
Una voz antigua de viento y de sal
te requiebra el alma y la está llevando.
Y te vas hacia allá como en sueños
dormida, Alfonsina, vestida de mar.

10/10/08

PUNTO DE INTERESE

Na Biblioteca temos unha nova sección, ou "PUNTO DE INTERESE", na que se ofrece material específico sobre diferentes temas. Esta sección pretende dar a coñecer documentos que consideramos interesantes e que, por distintas razóns, están un pouco esquecidos. Esta sección será renovada mensualmente.

O mes de outubro está dedicado ao MAR. Ofrecemos unha escolma de materiais bibliográficos relacionados cos océanos, a fauna mariña, a pesca, a contaminación, as illas galegas, as cunchas... Non faltan os contos, as novelas e a poesía. A selección de audiovisuais comprende películas de ficción como "Titanic", ou "Mar adentro", e documentais sobre o fondo mariño e a fauna. Hai materiais para todas as idades e gustos e, por suposto, poden ser levados en préstamo.

9/10/08

“Autobiografía de un cobarde”, de Alfredo Gómez Cerdá

A última novela xuvenil de Gómez Cerdá é o relato en primeira persoa de Eduardo, un “cobarde”. Eduardo recoñece non saber escribir e prescinde de outros signo de puntuación que non sexas os puntos, admiracións ou interrogacións. Considera que as comas e os puntos e coma enchen os libros de palla. El non quere escribir palla, só o que lle aconteceu, dun xeito claro, sinxelo e directo. Edu non quere ser un escritor, só un adolescente coma outro calquera.

Esta novela vos fará reflexionar sobre o valor da amizade e sobre os límites da mesma, sobre o racismo e a xenofobia e, sobre todo, sobre a importancia de tomar as decisións por un mesmo.

Edu quere ser fiel aos seus amigos (“de toda a vida”), non quere decepcionar aos seus pais e non quere perder ao seu recén estreado amor. De feito, despois de coñecela, Edu cambia:


”Ahora sí que me gustaría ser escritor. Y de los buenos. (…) Pam no abandonará nunca mis pensamientos. Jamás. Soy capaz de afirmarlo con rotundidad.”


amistad

Semella unha novela máis de temática adolescente? Pois non o é.

Anímate, ven a por ela!

UN ÁRBOL CRECE EN BROOKLYN, Betty Smith

A tree grows in Brooklyn é o título orixinal da novela de Betty Smith (1943) que editou Mondadori (Lumen Narrativa) en maio deste ano. O título refírese a un tipo de árbore que, segundo a introdución do libro, crece no cemento, non precisa sol nin auga, case nin terra. Crece rodeado de lixo, loitando por sobrevivir. Así é Francie Nolan, a protagonista, unha mociña descendente de emigrantes irlandeses e austríacos. Vive cos seus pais e o seu irmán no Brooklyn dos anos 20. A súa existencia está marcada pola pobreza e a penuria, pero tamén polo gran amor que lle profesa ao pai e a complicada relación que ten coa nai. De maior quere ser escritora e a devoción pola lectura leva a Francie a ler todos os libros da biblioteca pública por orde alfabética. Pero a vida non é doada nesa época para quen nada posúe; e Francie, como a árbore, deberá medrar rodeada de miseria.

En 1944, o actor e director Elia Kazan (que foi compañeiro de Betty Smith en Yale) adaptou esta novela ao cine. En España o título orixinal da película foi traducido como "Lazos humanos". A cinta, de case dúas horas de duración, non recolle toda a historia de Francie, tal e como aparece na novela, rematando cunha escena que suxire un final esperanzador.


Aconséllovos, coma sempre, ler primeiro a novela e despois ver a película. Dese xeito teredes criterio para decidir cal preferides.




A edición de Mondadori coida especialmente a portada cunha preciosa ilustración do recoñecido ilustrador, fotógrafo e pintor norteamericano Norman Rockwell.

4/10/08

"A LA PATA COJA", J.A. Goytisolo

Hai quen rexeita a poesía chamada "para nenos" porque non a considera unha creación de calidade, senón un mero divertimento. Aínda que así fose, que ten de malo divertirse?

Xa temos dito nalgunha ocasión que a poesía non sabe de idades, nin clasificacións. Sorprendémonos ao ler poemas de - supostamente - "serios, sesudos e cultísimos" autores que demostran a súa habilidade para xogar coas palabras e para crear divertidas rimas. Nunha entrada anterior podiamos ler un poema de José Ángel Valente, un texto moi sinxelo, que non simple. Hoxe presentámosvos unha composición de José Agustín Goytisolo, do seu poemario Los pasos del cazador. Este autor barcelonés, irmán dos tamén escritores Juan e Luis Goytisolo, pertence á chamada "Generación de los 50" e é considerado un autor de culto polo seu compromiso moral, social e político. Non obstante, o poema elexido nesta ocasión ten un ton moi diferente. Valorade vós mesmos:
A la pata coja
de los caramelos
y las avellanas
que cuánto te quiero.

A la pata coja
de las aceitunas
de las empanadas
que cuánto me gustas.


A la pata coja
de los almendrados
y las uvas pasas
bailaré a tu lado.

Este poema procede dunha canción de xogo infantil da zona de Extremadura e ben pode ser aprendida polos nosos alumnos e alumnas, máis ou menos cativos, para ser recitados na clase.
Facede a proba e xa nos contaredes. A poesía nunca defrauda!

3/10/08

Mary Poppins está esgotada


Quen non soñou con ter unha atenta Mary Poppins para velar os seus soños, ordenar os seus xoguetes ou alegrar as súas tardes de soidade infantil?

Que non querería ter a maxia de Mary para facer de cada día algo inesquecible?

As familias do século XXI precisan de tantas Mary Poppins que as axencias non dan feito.

Total, que a pobre Mary anda pluriempleada e esgotada, de casa en casa, de vila en vila.

Cada vez que cambia o vento parte na procura doutra familia á que "espertar" da súa ridícula obsesión polo que NON É IMPORTANTE.


mary poppins


Pais e nais que traballan sen descanso, que chegan á casa á noitiña para bicar e despedir aos seus fillos xa camiño da cama e que envidian a deliciosa maxia de Mary.

Ademáis da fermosísima película de Disney,de 1964, podemos coñecer a Mary a través da novela de Pamela L. Travers que lle deu vida e que da pe a comentarios coma este:






"poucos leron a historia de Pamela L. Travers, un relato cargado de ambigüidade, fantasía e un toque gótico absolutamente encantador"

A editorial Juventud e Alianza editorial nos ofrecen esa oportunidade.

Eu adoro a Mary Poppins,e vos?

1/10/08

Eu tamén son do Club!


Hoxe foi o día da presentación dos grupos do club de lectura e xa que non puiden estar ahí, e son membro do club de lectura de adultos, quero estar presente dalgunha forma deixando aquí para o voso disfrute un poema de Yeats (en castelán e en versión orixinal) así como unha breve reseña de su biografía.


William Butler Yeats (1835-1939), periodista polémico, senador, autor e empresario de teatro, Premio Nobel. En certa forma, mago, pero antes que nada, poeta, en obra e vida.


ÉL DESEA LAS TELAS DEL CIELO


Si tuviese yo las telas bordadas del cielo,

Recamadas con luz dorada y plateada,

Las telas azules y las tenues y las oscuras

De la noche y la luz y la media luz,

Extendería las telas bajo tus pies:

Pero, siendo pobre, sólo tengo mis sueños;

He extendido mis sueños bajo tus pies;

Pisa suavemente, pues pisas mis sueños


.... ... ...


HE WISHES FOR THE CLOTH OF HEAVEN


Had I the heavens' embroidered cloths,

Enwrought with golden and silver light,

The blue and the dim and the dark cloths

Of night and light and the half-light,

I would spread the cloths under your feet:

But I, being poor, have only my dreams;

I have spread my dreams under your feet;

Tread softly because you tread on my dreams.

UN REMANSO DE PAZ

Estas primeiras semanas de curso son un auténtico furacán. Pasa un día e pasa outro e non conseguimos sair a flote de entre os papeis, as reunións, a programación, as preavaliación da avaliación inicial, as comisións, os proxectos, o RRI, o PEC, o PCC, o PLC, o XADE e OLLO!, todo sempre acompañado das competentísimas TIC.

llueve

Pero pasado este horrible chaparrón de burocracia buscamos un ratiño para desconectar, relaxarse, poñer os pes na mesa e viaxar soñando espertos da man dunha boa lectura.

47317

Onte 30 de setembro foi o DÍA INTERNACIONAL DA TRADUCCIÓN e para conmemoralo vos recomendamos a lectura deliciosa dunha fantástica traducción:

Editada por Rinoceronte, unha editorial que está a facer da traducción unha arte e que non deixa de sorprendernos coa variedade e o bo gusto do seu catálogo.

arthur_m

George Edalji, un xoven e modesto avogado, fillo dun predicador de orixe hindú casado cunha escocesa, introvertido, reservado, confiado e absolutamente fiel á súa patria, Inglaterra, e ás súas leis.

Arthur Conan Doyle, home famoso e poderoso, amante da aventura e dos deportes e afamado escritor de novelas.

Dous mundos diferentes que acaban cruzándose. George vai á cadea inxustamente mentras Arthur vive unha intensa e difícil situación emocional e familiar. George escribe a Arthur e Arthur decide axudar a George.

despues lluvia

Dous relatos independentes que acaban sendo un. Unha deliciosa novela para despois da chuvia, para esquecer agobios, estres, preocupacións e siglas

PASEN E VEXAN