Asociación  Cultural  ATENEO  "CORREDOIRA"

AQUÍ  COMEZOU  TODO

A. C.  ATENEO  CORREDOIRA

Entidade sen ánimo de lucro

                                              Apolítica, independente, sen ataduras e con liberdade de expresión

PREFACIO

Como dí o refrán " a falar se aprende falando ".

Tamén as tradicións consérvanse transmitíndoas ano tras ano dos máis vellos ós máis novos. Iso é o que tentamos: espallar a nosa tradición secularmente conservada polos nosos devanceiros ,posibilitando a súa pervivencia e saldando así unha débeda máis co noso legado cultural. Tampouco esquecemos nesta ocasión a importancia que para toda cultura ten a lingua na que se expresa, sendo neste caso especialmente atendida pola situación de marxinación na que se atopa.

Obxectivos

1- Achegamento á cultura tradicional como referente inescusable para o entendemento da propia sociedade onde vivimos. Medio eficaz para impedir a uniformización cultural propiciada pola sociedade actual.
2- Coñecela transcendencia do ciclo estacional para a economía rural. O xeito tradicional de marcalo tempo e a súa influencia nos valores herdados e no entorno socio-económico. Crear actitudes positivas diante das tradicións como explicación das especificidades da cultura propia dun pobo, o seu carácter, a súa historia.
3- Coñecela lingua e valoralo emprego do galego dos nosos maiores dende séculos atrás, como manifestan as coplas conservadas por tradición oral. Este é un medio idóneo para promovelo uso da lingua dos nosos maiores entre os máis novos.
4- Recoñecelo papel da faceta lúdica na celebración do ciclo das estacións. O interese da pervivencia do costume e a significación que ten no presente.
5- Salientala transcendencia do traballo colectivo, da colaboración e da ampla participación de tódolos mozos, tamén de tódolos veciñ@s para a realización dos distintos rituais tradicionais que contribuen a mantela solidariedade e, por suposto, as relacións da comunidade.
6- Fomentala preocupación ecolóxica diante da degradación da natureza, potenciando unha actitude crítica de cara a consecución do preciso equilibrio entre o progreso e o ecosistema.

ESPERTA

Esta noite tiven un soño moi raro. Atopábame nun mundo, nunha sociedade, nun pobo semellante ó noso, pero as persoas eran totalmente distintas. Por testa tiñan unha caixa rectangular, cunha pantalla e moitos botón. Da testa-caixa saían multitude de mensaxes, a grande maioría sen contido nen sentido. As mans eran o soporte dunha calculadora multifunción chea de botón diversos. Apretando distintas teclas "as persoas" acadaban todo o que desexaban. Non tiñan pernas, xa que o corpo remataba nunha especie de sillón; "as persoas" non se movían prácticamente para nada.

De súpeto, espertei e saín dar unha volta. Estiven un anaco mirando á xente e decateime que moit@s eran como as "persoas" do meu soño.

Por iso:

.- Se estamos instalados na comodidade, se non somos capaces de facer realidade nin tan siquera unha das ideas que temos por moi boa que esta sexa,

.- Se xa estamos cansos de camiñar, de que sempre teñamos que ser nós o bó de turno, se imos a tirar todo pola borda e pararnos na cuneta,

.- se nunca fixemos algo que fose productivo, se endexamáis tivemos ademán de axudar ao débil, nin facer rir a quen estaba alicaído ou incruso achegarnos a quen vive só,

Xa é hora: Esperta.

Somos xoves e necesitamos razón para vivir e motivos-ideais polos que é aconsellabel loitar. Somos savia nova, temos a xenerosidade dos máis novos. Estamos capacitados para á entrega, ser faro para os demáis, de rachar co egoísmo e co ambente que nos circunda.

Isto que plantexamos non é para vulgares, para os que din a todo "eu paso". Non é para superficiais nin para vociferadores-charlatáns agochados baixo a plumaxe da apariencia, opulencia e rencor. Isto é para quenes están dispostos a pagar un prezo.

ARMAS DEL FUTURO

  • Con palabras.
  • (¡Quitad las espoletas
  • a las bombas!)
  • Sin pistolas.
  • Sin tanques y sin espadas.
  • Con palabras
  • Solamente con palabras
  • vamos construir el mundo
  • del futuro
  • sobre un campo de rosas verdi-granas...
  • Sin pistolas.
  • Sin metralla.
  • Sin sangre y sin rencor
  • que eclipsen la bondad de las miradas.
  • Con palabras
  • Nada más que con palabras
  • vamos a levantar castillos
  • de ilusiones
  • entre las nubes de doradas playas.
  • Sin pasiones que quiebren la armonía
  • de las almas.
  • Sin odios. Sin el llanto ni la muerte
  • que dejen a su paso las batallas.
  • Sin pistolas.
  • Sin la tétrica voz de los cañones
  • para cargar de cruces
  • los gallos de la diana.
  • (Fundiremos en cánticos de amor
  • continentes y razas
  • para construir los mundos del futuro
  • con palabras).
  • ¡Solamente con palabras!

Sen personalismos nin individualismos, mais tampouco soportar o continuo asoballamento mundano dos poderes fácticos empregados cara a aconquerir a usurpación de identidade dos máis febles.

Por un anaco de dignidade

Cando os representantes legais dos poderes públicos que rixen os destinos das nosas institucións son redirixidos polas ideoloxías que manan e flúen dos seus propios colectivos afíns, estamos inmersos nunha involución anacrónica con tintes separatistas e non allea ás decisións cruciais tomadas polas súas oligarquías predominantes.

É moi persuasivo que o amiguismo ou a pertenza á formacións políticas son medio habituais e moi eficaces para acceder ou alcanzar un determinado "status".

O dirixismo cultural e moral da vida social é favorecido desde algunhas instancias do poder ao obxecto de impoñer concepcións de marcado carácter agnosticista-materialista de permisividade total. Deste xeito, o poder institucional ven exercido en clave de dominio e proveito propio e de grupo e non de servizo solidario ao ben común. O exercicio dende e do poder público non pode tratar de impoñer unha ideoloxía polos medios que desembocarían nunha dictadura dos espíritus, a pior de todas.

Entendemos que ningunha actuación pública é obxectiva xa que sempre terá connotacións subxectivas inherentes a toma de decisións que, ineludiblemente, corresponden a un ser vivo dotado racionalmente dunha "psiqué" e liberdade; é dicir, unha persoa.

Como persoas, todos somos escravos do tempo, da finitude das nosas vidas, da incontinencia balbuceante das ideas alleas e propias, da irresponsabilidade de feitos e actuacións, da intransixencia e cabal menosprecio no respecto os "outros", os que son e pensan "distinto".

Persoas que viven nunha aureola, creen, de infabilidade e certeza total, inacesibel ao resto por incompatibilidade ideolóxica, amén dun status superior que lle ven dado dende a súa plataforma idílica de mentalidade pragmática onde se pon en práctica o principio de que "el fin justifica los medios", e onde todo vale i é lícito.

Non é unha suxerencia, unha opinión, senón unha forma de ser, de sentimento, de vida que trasladan irreductiblemente, agora sí e despois tamén, nas súas espúreas actuacións encamiñadas dilixentemente, na escuridade da irreal transparencia que pregoan, pero sen cortapisas hacia os espellos nos que se miran e que lles di obrigatoriamente cómo e a quén.

Teñen que aprender a ver, e si non saben ver correctamente á realidade, o que teñén diante deles mesmos, tampouco comprenderán o senso da mesma. Teñen que abrir as portas do seu mundo, saír dos seus lugares habituais i ensinarlles, de xeito extenso e intenso, o que é a realidade.

Para iso, para explorar o senso da realidade, é fundamental aprender a pensar ben.Acción que leva implícita non só a visión, senón tamén indagar sobre o que se agocha detrás da representación do mundo, cal é a finalidade que ten o Gran Teatro deste Mundo. E isto leva consigo expresalo con palabras, cun determinado uso da linguaxe, narrar o que intúe, o que ve, o que pensa que é a realidade e o seu senso máis oculto.

A fiestra que nos permite achegarnos á realidade sempre é subxectiva, endexamáis é completamente neutral nin transparente. Significa que temos que aprender a ver cos demáis, porque a realidade non é só o que eles ven e captan, é moito máis complexa e rica, é unha invitación a recoñecer os límites da súa propia visión ou tamén non querer velas para que non impresionen. Como di Wittgenstein: "¡ Qué difícil es para mí ver lo que tengo ante los ojos!".

Moitos dos nosos dirixentes non só se atopan cunha partícula no ollo, senón que teñen unha esquirla no corazón e todo lle resulta criticable e ofensivo, froito da súa actitude interior como ser humán.

Todo "dirixismo cultural" vulnera o ben común dunha sociedade e socava todas as bases dun Estado de dereito. Así nos vai.

DEIXEMOS ENTRALA LUZ

Combarro é o pobo, o País da noite. Unha noite que nunca remata. Un País no que nunca saiu a luz do sol. A xente deste País é pamplinera e triste froito da súa presenza continua na oscuridade. Nembargantes, vivir neste estado de ánimo, nesta situación inverosímil é algo normal e cotián ao non decatarse da tristeza anímica que inunda as súas vivencias en tódalas facetas da vida de cada quen. Neste País a vida é triste, escura. Os camiños e as casas son negros como a boca dun lobo. Nin tan siquera brilan, existen as estrelas.

Algún día, este pobo, este País, será escenario da chegada de alguén que traerá consigo unha pequena lumieira na súa man coa que percorrerá camiños e rueiros. Ante esta insólita imaxe, os maís cativos do podo sairán ás solainas das súas vivendas velo espectáculo e preguntarán aos maiores:

.- Aquel rapaz que pasea polos camiños e leva unha pequena lumieira na súa man, quén é ?.

.- ¡ Metédevos dentro, raparigos !, Entrade nas casas e pechar portas e fiestras - din os país - ese rapaz virá da cidade, do país da luz; agocharse, pois a claridade é perxudicial á vista, aos ollos.

No seguinte día, pola mañanciña, moitos raparigos pasearán polos camiños e rueiros do pobo, do País da noite, portando nas súas mans pequenas lumieiras. Asemade, mostrarán a súa ledicia e agarimo por ser portadores da claridade que o rapaz da cidade, do país da luz, lles doará. E os cativos percorrerán tódolos rincóns do pobo, do País da noite, como testemuñas de algo inusitado ata entón.

Mais as persoas do pobo, do País da noite non son partidarios de novidades, de vela luz ao final do camino e dirán - "isto dana a vista, a mirada, os ollos..." - e mostrarán a súa furia e malestar ante os raparigos por levar nas súas mans as lumieiras doadas.

Na casa grande do pobo, do País da noite reuniranse a maioría das persoas adultas para estudar solucións relativas ós máis cativos e as súas actuacións, qué facer con eles. E decidirán apagala rebelión co envío dos defensores da lei e do orden para eliminar todo foco de luz e claridade que portaban os cativos e o rapaz que provocou este desaguisado será preso e posto na cadea máis profunda da terra do pobo, do País da noite.

Este feito e xeito de actuar provocará nos máis cativos desolación, estupor e profunda tristeza. Nembargantes, na oscuridade da cadea onde residía o rapaz causante do altercado vivido no pobo, no País da noite, a pequena lumieira que mantiña viva na súa man, a pesares das argucias levadas adiante pola xente do pobo, do País da noite por extinguila, non aceitará permanecer agochada, enxaulada entre as profundas paredes do cárcere. Repentinamente, unha fonte de luces de cores destellantes estalará por tódolos recunchos da vetusta prisión. Torrentes de luz sairán polas rexas e muros do cárcere que, á vista desta eclosión de poderío e forza, non sopòrtará o peso e acabará derruída. Os raparigos, ante a magnitude dos acontecementos, correrán ansiosos por ver o magnífico espectáculo froito doa raios de luz que emanaban en tódalas direccións e por todas partes.

Finalmente, o rapaz que porta esa luz dirá:

.- O futuro xa está aquí. Porei a miña casa no medio das vosas vivendas, o meu traballo a carón do voso e os meus xogos xuntamente cos vosos. O que non queira vela luz terá que agocharse nas covas ou pechalos ollos, e seguirá sendo infeliz e cego. E este pobo, este País non voltará nunca máis a ser o pobo, o País da noite, a luz acenderá para quedarse.


Asociación Cultural Ateneo Corredoira

A hora de traballar por Combarro para realizar esta laboura, tarefa, totalmente desinteresada pesaron unha serie de razóns, sintetizadas no dito do escritor G. K. Chersterton: "O home moderno é un viaxeiro que esqueceu o nome do lugar do seu destino e ten que regresar ó lugar de onde vén para saber a onde vai".

1.- Fundación e primeiros anos de vida.

A data legal da fundación e constitución desta Entidade Cultural chamada Ateneo "Corredoira" de Combarro foi o 5 de outubro de 1977, se ben todos podemos entender que esta iniciativa xa ben de tempo atrás na mente do grupo de xóvenes que así cavilaban.

Así comeza a andaina desta Asociación no eido cultural baixo a dirección do seu primer presidente, Francisco Da Silva, que co seu equipo directivo e resto de socios,-as, inician un longo percorrido que actualmente continúa. O lugar de encontro e reunión era o coñecido e xa desaparecido bar "La Palmera" toda vez que non dispoñían de local social propio. Teñen lugar nesta época e en dito local as primeiras reunións, festexos, xogos e acividades levados adiante pola Asociación que supuxo un grande acicate para a xuventude do momento.

Un dos hitos máis importantes acadados foi conquerir o que hoxe é coñecida coma sede social do Ateneo, ubicada no casco histórico da vila e, sen temor a equivocarnos, os mellores exemplos da arquitectura mariñeira do pobo de Combarro. As conversas mantidas pola Dirección co ente "Monumentos" deu os seus froitos. A partir de ahí, tódolos compoñentes do Ateneo puxeron mans á obra para levar adiante os arranxos que ditos inmobles requerían. Isto supuxo o cambio de sede, o dispor dende entón dun lugar de encontro e reunion, pasando a ter nas súas instalacións dunha pequena biblioteca, lugar de ensaio do grupo de gaitas e local social de ocio onde a xuventude podía dar renda solta as súas iniciativas.

Entre as actividades mellor recordadas desta etapa destacan a celebración de cursillos, campionatos de cartas, creación do grupo "Os Berberechiños" e nacemento da "Semana Cultural", nas súas primeiras cinco edicións, e cunha duración de tres ou catro días.

Temos que recordar tamén a fundación na sede do Ateno do clube de fútbol At. Combarro, unha iniciativa moi ben acollida que contou con moi poucos anos de vida (1980-1986) a pesares da súa independencia.

2.- Etapa escura.

Coma todo neste vida, máis pronto do que cabía esperar, o furor dos primeiros anos foi dando paso á desidia e a fluctuación de intereses alleos á Entidade e así a partires de 1983 foi decaendo paulatinamente tanto na súa actividade coma nos seus obxectivos chegando no 1985 a súa parálise cáseque total pola falla da Dirección de non ter previsto sucesores que poidesen seguir coa tarefa iniciada anos atrás.

Nesta etapa escura, que se polongou ata o ano 1990, a Asociación só mantiña activa unha actividade: a súa pequena biblioteca.

3.- Rexurdimento e posta en marcha.

A partires dese ano e paseniñamente, baixo a dirección de Gonzalo Freire Carragal ó fronte da Entidade, téntase recuperar algunhas das actividades propias ao obxecto de voltar a dinamizar a vida cultural da vila, tamén adormecida nese letargo que envolvía todo o municipio.

Xa neste ano de 1990 celébrase a VI Semana Cultural dentro dos actos máis relevantes, así coma xornada de xogos populares e reapertura do local social e de reunión.

Téntase principalmente de ir facilitando pouco a pouco a entrada de savia nova que poida aportar ideas innovadoras e predisposición para levar adiante ditos proxectos. Xurden os primeiros contactos entre diversos membros da xuventude. As conversas van fructificando lentamente, pero as mesmas non se ven respaldadas por una toma de posición dos xóvenes, fallaba a implicación persoal. Nesta situación transcurren os meses sen indicios de atopala luz ao final do túnel. Todo cambiou dende finais de 1990 e principios do 1991.

4.- Superación-expansión ata a data actual.

Da posibilidade real da súa desaparición pasouse drásticamente ó efecto contrario: despois duns inicios balbuceantes o camiño emprendido polo Ateneo de Combarro non deixou de subir peldaños no seu acontecer cultural, sen obviar os momentos críticos que tocou vivir que tamén tivo.

A presidencia da entidade foi asumida por Juan M. Pérez González, cargo que segue ostentando na actualidade, xuntamente co resto de membros do equipo directivo.Todos eles foron os responsables da posta en marcha dunha serie de medidas e iniciativas encamiñadas a crear un espazo propio identificativo da propia personalidade do Ateneo "Corredoira".

Unha das primeiras medidas foi fortalecela celebración da Semana Cultural de San Roque, aumentando paulatinamente a duración da mesma ata chegar a un total de dez días que xiran en torno á festividade do patrón da parroquia, San Roque, e cunha programación máis ou menos estable, sendo na actualidade o eixo central de tódalas actividades e actos que organiza o Ateneo de Combarro.e que durante o transcurso do ano 2008 alcanzará a súa XXV edición.

Esta cita ineludible no eido municipal xira en torno a catro apartados principais:

1.- Festival de Folklore.

2.- Certame de Canto Coral "Memorial Domínguez Suárez".

3.- Festa do "Mexilón" - Exaltación e degustación.

4.- Ciclo de "Cine na rúa".

Non hai que esquecer ó resto de actos que complementan ós xa citados e non menos importantes con xornadas adicadas ós xogos tradicionais, teatro, actuacións musicais, concertos, tradicións religiosas, inchables,...

Tampouco queremos deixar no olvido distintas personaxes que nos acompañaron coa súa presencia entre nós presidindo tódalas inauguracións: Mariano Rajoy, Vázquez Portomeñe, Adriano Marqués de Magallanes, Pilar Rojo, entre

5.- Transición e Covid-19.

Por motivos diversos e situacións personais de membros da Dirección a Entidade, baixo a presidencia de Patricia Pérez Pousada, comeza unha nova etapa ilusionante pero dura para afrontar novos tempos e retos e camiñar cara unha renovación en todos os eidos da vida cultural e social.


Centro de información

Pza. San Roque, 59

36993 COMBARRO (Poio)

ateneodecombarro@gmail.com

www.ateneocorredoira.es
(+34) 644 667 727 (Pte.)

(+34) 649 863 222 (Sec.)

Combarro

A historia empeza cando os nosos antergos se instalaron nestas terras ó longo dos séculos, e , máis recentemente, os nosos pais e avós, mantendo a súa particular e individual diferenza coma persoas, coas contradiccións e puntos de vista; pero que tiveron a capacidade suficiente de plasmar nestas rochas, que hoxe nos acollen, a idiosincrasia propia deste pobo.

Anos de sufrimento, de loita, de amor e paixón por algo que lles era propio, que os identificaba e que, o mesmo tempo, os xuntaba na procura de ofrecer e deixar un legado no que convivisen felizmente os seus fillos e descendentes.

Ese foi o grande regalo que nos fixeron, que nos deixaron; sen alardes, sen axuda institucional, só traballo, esforzo e gusto polo entorno.

Hoxendía, somos nós os que izámola bandeira con orgullo e disfrutamos deste recinto arquitectónico recoñecido prácticamente en tódolos recunchos da terra.

Pero, tamén somos nós os que, nos tempos que corren, temos iniciado unha carreira de detrioro e degradación sen parangón.

Por iso, somos nós, todos xuntos, os que temos a obriga de lidiar i evitar esta galopante desfeita.

Ninguén alleo, de fóra, vai vir solucionar o que a cotío espallamos conscientemente no desarraigo por unha terra herdada e que quizáis non sexamos merecedores deste ben tan preciado.

Nin tan siquera os organismos e poderes públicos poden evitar, por unha banda, estas tropelías e, por outra, cambiar o intelecto, a mentalidade das persoas.

Asi, pois, sexamos persoas, que prime o ben común onde o egoísmo deixe paso á colectividade e sintámonos sociedade uns e outros.

Este pobo naceu e transformouse gracias os nosos devanceiros.

Non sexamos nós obstáculo para que as vindeiras xeracións sigan oteando no horizonte a singular historia deste pobo, que xurdiu e asentouse na rocha granítica que o percorre.