3.000 euros e premios sorpresa para animar o Nadal de Zona Aberta de Vilagarcía

VILAGARCÍA> O Nadal xa está en marcha en Zona Aberta de Vilagarcía. O colectivo de comerciantes repartirá entre a súa clientela 3.000 euros en vales de compra. Desta volta vaise repertir nun premio de 1.500, outro de 1.000 e un de 500.

Este ano, o sorteo será presencial. Aquela persoa que leve un dos premios e estea na praza de Galicia no momento do sorteo, o día 7 de xaneiro, recibirá a maiores un premio sorpresa.

Ademais, entre outras actividades, o 22 de decembro tamén organizarán unha festa infantil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí