Actualidade

  • A Xunta convoca as axudas para a consolidación das asociacións de mulleres e o fomento de actividades no eido da igualdade e da violencia de xénero
10/04/2024

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, informou nunha visita que fixo a Acadar da nova orde que saíu hoxe publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG)

A Xunta contribuirá con preto de 320.000 euros a atender os gastos correntes derivados do mantemento e funcionamento das entidades e a apoiar os seus programas de traballo con mulleres vítimas da violencia de xénero ou para a promoción da igualdade

A iniciativa pon especial foco nas mulleres rurais, nas maiores e nas que se atopan en situación de vulnerabilidade

O Goberno galego investiu nos últimos cinco anos (2019-2023) preto de 1,4 millóns de euros a estas axudas que de media benefician ao ano a 50 entidades

  • Rivo incide na necesidade de rachar cos prexuízos de xénero na elección e no exercicio dunha profesión
02/04/2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou hoxe en Lugo nunha nova xornada de Emprego sen etiquetas, organizada pola Xunta, para impulsar a presenza feminina en sectores económicos onde tradicionalmente predominan os homes

Puxo en valor o plan pioneiro que con 2,25 millóns de euros buscará en 2024 aumentar o emprego feminino en sectores masculinizados

A campaña ‘Ti elixes’, tamén da Xunta, está a traballar no ámbito educativo para que a xente nova medre sen prexuízos e rachando estereotipos de xénero

  • A Xunta leva a Lugo a xornada "Emprego sen etiquetas" para impulsar a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados
31/03/2024

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade organiza un encontro no Fórum Ceao no que porá de relevo o plan pioneiro que con 2,25 M€ buscará en 2024 aumentar o emprego feminino en eidos laborais onde predominan os homes

Igualdade na rede

Twitter

Instagram

Facebook

Youtube