VII CONGRESO AGANTRO | CHAMADA COMUNICACIÓNS

4.05.2024 | Santiago de Compostela | Edificio Fontán (Cidade da Cultura de Galicia)

Benvida á páxina da Asociación Galega de Antropoloxía

A Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) está composta por profesionais da antropoloxía e foi constituída o 29 de xuño de 1993.

O noso obxectivo principal é mellorar a profesionalización e desenvolver a antropoloxía, abrindo canles de comunicación coas administracións, incidindo na inclusión da nosa disciplina naquelas actividades culturais e ofertas de emprego correspondentes á nosa formación. Mais tamén apoiar a posta en valor das múltiples ramificacións da cultura galega e xerar un foro de debate e comunicación no que teñan cabida os diferentes xeitos de entender e practicar a antropoloxía alén da academia, tendendo pontes e fortalecendo as relacións co tecido asociativo que durante tantos anos mantivo viva a investigación e a divulgación.

Esta web quere ser unha ferramenta máis para axudar a divulgar a nosa asociación e os nosos obxectivos. Sexades benvidas e benvidos!

NOVAS


  • AGANTRO na MICE 19

    Un ano máis AGANTRO participou activamente na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), organizada polo Museo do Pobo Galego. O Premio AGANTRO á Excelencia Antropolóxica foi para: El signo vacío de Kathryn Ramey, O xurado do premio AGANTRO deste ano estivo composto por lxs socixs Iria Vazquez Silva, Víctor Villar Caamaño e Iñigo Sánchez Fuarros.…


  • Chamada para comunicacións VII Congreso AGANTRO

    Está aberta a chamada para comunicacións para o VII Congreso AGANTRO, que terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia o próximo 4 de maio. Máis información aquí.


  • VII Congreso AGANTRO 2024

    E agora? Os futuros da antropoloxía galega CHAMADA A COMUNICACIÓNS O ano pasado a Asociación Galega de Antropoloxia (AGANTRO) cumpriu 30 anos. Tres décadas non exentas de altibaixos nas que se foi consolidando un pensamento antropolóxico propio, conectado coas correntes e debates externos á vez que sensible ás especificidades do territorio que enmarca as nosas…