75º Congreso. Versión online XA DISPOÑIBLE

Tódalas ponencias, debates, comunicacións e pósters da edición número 75 do congreso foron dixitalizadas, polo que dende este momento podedes acceder a elas a través da seguinte ligazón:

"Cápsulas de Coñecemento"

Queda inaugurada e accesible aos socios da SGOX a nova plataforma oficial de formación "Cápsulas de Coñecemento". Esta iniciativa traerá, en forma de vídeos curtos, aportacións de recoñecidos profesionais e compañeiros da especialidade en diferentes eidos, podendo acceder a eles en calquera momento e lugar.

Novas da SGOX



17/04/2023
IV Xornada Foro Norte de Solo Pélvico.

O próximo día 27 de maio, celebrarase no salón de actos do Hospital de Montecelo a Xornada Foro Norte de Solo Pélvico, e que neste ano acada a súa cuarta edición. 

Organizado polo Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, este evento será unha grande oportunidade para actualizar coñecementos na área do solo pélvico da man de profesionais dos principais centros hospitalarios do norte de España.

> Ver o programa
> Inscripción en: administracion@heima.es



29/01/2023.
XIV Congreso de Atención Prenatal.

Benqueridos compañeiros,

Dende a xunta directiva saínte da SGOX compraceríanos dirixirnos a vós unha vez máis antes de pechar esta apaixoante etapa, a cal supuxo un grande honor para todos os que formamos parte dela.

É esta satisfacción a que nos impide ser alleos á procura de novas fontes de coñecemento que axuden aos xinecólogos e obstetras da nosa Comunidade nas súas necesidades formativas e dean resposta aos seus desexos profesionais.

Aproveitando esta ocasión e, coincidindo coa su próxima celebración, dende a SGOX desexamos recomendarvos, como ten sido habitual nos últimos anos, a asistencia ao Congreso de Atención Prenatal, e que este ano alcanza a súa edición número catorce. Estas xornadas formativas forman xa parte ineludible do calendario de cursos e congresos esenciais para a nosa especialidade, sendo un referente a nivel nacional gracias á súa organización, ambiente familiar e, por suposto, á gran traxectoria profesional e investigadora dos relatores invitados.

A asistencia a un congreso fóra da Comunidade na que un profesional exerce a súa profesión é sempre un esforzo económico e persoal. Por iso, a proximidade xeográfica desta cita indispensable para os xinecólogos e obstetras do noso país é unha oportunidade extraordinaria para actualizar coñecementos da man de recoñecidos compañeiros da especialidade, axudando desta maneira a acadar a excelencia diagnóstica e asistencial para as nosas pacientes a través da difusión e intercambio de experiencias profesionais.

O XIV Congreso de Atención Prenatal celebrarase na cidade de Xixón os próximos días 2 e 3 de marzo de 2023, no Palacio de Congresos (Feira de Mostras).

Unha vez máis, agradecémosvos a vosa atención.

Con grande afecto,
Directiva saínte da SGOX.

> Ver o programa



23/11/2022.
2º Congreso virtual da SGOX xa dispoñible na web.

Dende a SGOX comprácenos dar comezo ao segundo congreso virtual da nosa sociedade, denominado SGOX TV Congress, desexando que cada un de vós sexades partícipes desta nova era onde tecnoloxía e comunicación fusiónanse para achegarvos, esteades onde esteades, aos eventos e iniciativas que organizamos.

A versión virtual do 75º Congreso da SGOX componse de tódolos eventos incluídos no programa oficial e que se desenvolveron na edición presencial da súa celebración.

Na web atoparedes tódolos vídeos diapositivas e documentos de cada exposición, podendo observar e estudar con maior detemento os contidos derivados de cada ponencia.

> Acceder ao congreso online



07/04/2022.
Inauguración da nova plataforma oficial de formación da SGOX "Cápsulas de Coñecemento". Xa dispoñible na sección para profesionais desta web.

É un honor para a SGOX comunicar a inauguración da nova plataforma de formación para tódolos socios e que leva por nome "Cápsulas de Coñecemento". Publicacións periódicas baseadas en vídeos curtos nos que recoñecidos profesionais e compañeiros da especialidade aportarán a súa experiencia en diferentes eidos, permitindo o acceso a estes contidos en calquera momento e lugar.

Para acceder á plataforma, tan só é necesario realizar o login na sección para profesionais e seleccionar no menú a opción "Cápsulas de Coñecemento".

Agardamos que este esforzo se traduza na democratización no acceso a contidos formativos de primeiro nivel.

> Acceder



08/2021.
Comunicado oficial da SGOX sobre violencia obstétrica.

A SGOX emite un comunicado oficial no que amosa a súa posición e rexeita a declaración de violencia obstétrica aqueles procedementos e intervencións rutinarias nos procesos de asistencia ao parto, definida como tal por parte dun número limitado de organizacións e colectivos que consideran unha forma de violencia de xénero estas prácticas comúns e habituais a nivel internacional.

A continuación, pode descargar o comunicado distribuído publicamente a tódolos sectores da poboación.

> Descargar Comunicado Oficial SGOX Violencia Obstétrica

Área profesionais

Cursos e congresos

Protocolos

Consentimentos informados

Sesións clínicas

Revisións bibliográficas

A directiva da SGOX.

Casimiro
Obispo Martínez

Vigo


Presidente

Rafael
Fernández Álvarez

Santiago

Vicepresidente 1º

Elkin
Muñoz Muñoz

Vigo

Vicepresidente 2º

Víctor
Ruiz Hervella

Coruña

Secretario

María Consuelo
Rey Meijide

Pontevedra

Vicesecretaria

Fernando
Cobián Sánchez

Coruña

Tesoureiro

Ana
López Domínguez

Lugo

Vogal

Ana
Pereda Ríos

Coruña

Vogal

Emilio
Cabo Silva

Vilagarcía

Vogal

María Guadalupe
Alfonsín Somoza

Santiago

Vogal

Webs de interese

Benvidos ao incrible
Website deseñada e publicada por Ingenion®
Ingenion